Listaxes definitivas de persoas solicitantes admitidas e inadmitidas como candidatas a participar no programa "Reencontros con Galicia 2024" (EM926G), convocado pola Secretaría Xeral da Emigración por Resolución do 16 de maio

Listen to this page using ReadSpeaker
869 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co disposto no artigo 12.4 da Resolución do 16 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Reencontros con Galicia, (DOG núm. 108, do 5 de xuño), publícanse as listaxes definitivas de persoas solicitantes admitidas, por países e modalidades de pago, segundo a orde de prelación resultante de aplicar os criterios establecidos no artigo 11 da Resolución de convocatoria, así como das inadmitidas/excluídas con indicación das causas.

A partir da data de publicación as persoas admitidas disporán de 7 días para desistir da solicitude ou modificar a opción de regreso (día de finalización da actividade ou 15 días despois).

Advertencia: A APARICIÓN NA LISTAXE DE ADMITIDAS NON SIGNIFICA A OBTENCIÓN DA/S PRAZA/S.

A adxudicación dunha praza (ou 2 si solicitou con acompañante) dependerá de dous factores:

  1. O resultado da revisión médica / informe do facultativo no mes anterior á data de saída.
  2. O número de prazas ofertadas, que serán como mínimo as do anexo I da Resolución solicitadas:
PAÍS

PRAZAS FINANCIADAS

100%

PRAZAS COPAGO 600€ Nº TOTAL DE PRAZAS
ARXENTINA 51 34 85
BRASIL 20 13 33
CUBA 15 0 15
URUGUAI 18 12 30
VENEZUELA 22 3 25
RESTO DE AMÉRICA 8 4 12
TOTAL 134 66 200

 

As listaxes definitivas de admitidas e excluídas pódense descargar pulsando no recadro que corresponda:

(*) En Venezuela publícase unha nova versión da listaxe definitiva de admitidas, con motivo do escrito da entidade colaboradora, recibido hoxe, xustificando o envío de documentación requirida o día 2/09 (fora do prazo outorgado) nunha circunstancia imprevista e allea á súa vontade acontecida o derradeiro día. A vista do cal, aceptouse esa documentación, dando lugar a dúas modificacións respecto á relación publicada onte.

PAÍS DESCARGAR DÍA DA PUBLICACIÓN
ARXENTINA Descargar 04/09/2024
BRASIL Descargar 04/09/2024
CUBA Descargar 04/09/2024
URUGUAI Descargar 04/09/2024
VENEZUELA Descargar (*) 05/09/2024

 

 

Data de publicación: 
04.09.2024
Convocatoria asociada: