Listaxes provisionais de persoas solicitantes admitidas e inadmitidas para ser candidatas a participar no programa "Reencontros con Galicia" 2024 (EM926G), convocado pola Secretaría Xeral da Emigración o día 16 de maio

Listen to this page using ReadSpeaker
862 lecturas
Listaxes para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS SOLICITANTES ADMITIDAS E INADMITIDAS PARA SER CANDIDATAS A PARTICIPAR NO PROGRAMA "REENCONTROS CON GALICIA" 2024 (EM926G), CONVOCADO POLA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN O DIA 16 DE MAIO.

De conformidade co disposto no artigo 12.3 da Resolución do 16 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Reencontros con Galicia, dirixido a persoas emigrantes maiores de 65 anos residentes en América, e convócanas para o 2024 (DOG núm. 108, do 8 de xuño), publícanse as listaxes provisionais de persoas solicitantes admitidas e inadmitidas por países con indicación, no seu caso, da documentación que deben achegar e o prazo, así como das causas de inadmisión.

Advertencia:

A APARICIÓN NA RELACIÓN DE ADMITIDOS NON SIGNIFICA SER SELECCIONADOS PARA PARTICIPAR.

Despois do prazo de 10 días que se outorga para emendar o expediente de solicitude e de valorar a documentación achegada, publicaranse as listas definitivas de persoas admitidas por orde de prelación e detallando os acompañantes, e das excluídas. E transcorrido o período mínimo de 7 días establecido na Resolución de convocatoria, publicaranse as persoas seleccionadas para participar no Programa e as admitidas que quedan nas listas de reserva.

As relacións provisionais de solicitudes admitidas e excluídas pódense descargar pulsando no recadro que corresponda:

 

PAÍS

DESCARGAR

DÍA DE PUBLICACIÓN PRAZO PARA A ENMENDA DA SOLICITUDE
ARXENTINA Descargar 20/08/2024 Ata o día 31/08/2024, ás 23:59 hora local
BRASIL Descargar 20/08/2024 Ata o día 31/08/2024, ás 23:59 hora local
CUBA Descargar 20/08/2024 Ata o día 31/08/2024, ás 23:59 hora local
URUGUAI Descargar 20/08/2024 Ata o día 31/08/2024, ás 23:59 hora local
VENEZUELA Descargar 20/08/2024 Ata o día 31/08/2024, ás 23:59 hora local

 

Os escritos de emenda da solicitude e documentos requiridos deben presentarse nas oficinas da Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo ou na entidade colaboradora do país de residencia, que se encargarán da súa remisión por vía electrónica á Secretaría Xeral da Emigración. Ou, de non haber, no rexistro xeral do Consulado de España máis próximo.

Data de publicación: 
20.08.2024
Convocatoria asociada: