Inauguración da exposición "Coidamos da terra. Coidamos da xente", en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
370 lecturas

O xoves 4 de xullo ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid, inaugúrase a mostra Coidamos da terra. Coidamos da xente.

  • Esta mostra está organizada por Muvicla (Museo Vivo e Integrado do Campo e a Locomoción Agraria), situado en Láncara (Lugo).

  • Coincidindo co 5º aniversario de Muvicla (Museo Vivo e Integrado do Campo e a Locomoción Agraria) e co 25 aniversario da produción certificada en ecolóxico da Casa de Vázquez (berce do museo), inaugúrase na Casa de Galicia a mostra Coidamos da terra. Coidamos da xente, que pretende poñer en valor o campo desde un proxecto de desenvolvemento rural de Galicia, e durante todo o mes de xullo en Madrid para o mundo.

  • Galicia é terra fértil, onde a xente, o territorio e a cultura fúndense nunha harmonía de valores, cuxo resultado é unha forma de ver o mundo audaz e sosegada, sen perder de vista a terra e expresada a través da "lingua nai".

  • Desde esta iniciativa quérese mostrar a forza e as posibilidades do campo que é, foi e será a base da vida; tamén dar a coñecer  o dinamismo que existe entre as persoas que aínda poboan e traballan a terra, os campos, os montes, os que producen os alimentos, coidan o ambiente, o patrimonio e os costumes.

  • Muvicla é un centro museístico recoñecido polo Consello da Xunta de Galicia en sesión celebrada o 12 de maio de 2021, e integrado no Sistema Galego de Centros Museísticos, ao amparo da Lei 7/2021 de Museos de Galicia, o primeiro en recibir esta acreditación. Nace no seo dunha "casa de labranza" tradicional galega, "Casa Vázquez" de Trasliste, Láncara, Lugo, e con esta integración conséguese unha vía expositiva dos recursos produtivos actuais de agricultura predominante en Europa, así como unha proxección do futuro, a través da historia, usando como móbil a arqueoloxía industrial agraria.

  • Con esta exposición preténdese non só transmitir  e dar a coñecer a sabedoría acumulada e o nivel de dinamismo do campo galego e do campo en xeral, senón tamén convidar á poboación urbana a coñecer en profundidade o campo e aumentar a autoestima das persoas que traballan nas zonas rurais.

  • A exposición conta cunha representación das orixes da labra da terra coa exposición dun arado prerromano; o transporte no medio rural coa mostra dun carro galego; a mecanización da produción do cereal coa presenza dunha aventadora e con diversos paneis informativos onde se poderá coñecer a historia de Muvicla, a producións de excelencia da casa de Vázquez e unha pequena representación artística de obras relacionadas co rural cedidas para a mostra polo coleccionista de arte José Bande Neira.

Participantes: 

  • Marcos Vázquez Marey, director do Muvicla
Inauguración da exposición "Coidamos da terra. Coidamos da xente", en Madrid
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Data: 
04.07.2024
Hora: 
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
booked.net