Exposición "Alfonso X e Galicia" en Salvador de Baía
Do xoves 4 ao domingo 14 de abril pode visitarse no Museu de Arte da Bahia a exposición Alfonso X e Galicia.
- Afonso X e Galicia é un proxecto expositivo producido polo Consello da Cultura Galega en colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense. Despois de itinerar por diferentes espazos nacionais e internacionais, a mostra recala no Museu de Arte da Bahia, onde inaugurará o día 4 de abril de 2024, ás 16:00 horas.
- Comisariada polo Dr. Antoni Rosell (Universitat Autònoma de Barcelona), a mostra busca visibilizar a conexión con Galicia de Afonso X, no 800 aniversario do seu nacemento, a través das Cantigas de Santa María pero tamén noutros nexos máis profundos, ao tempo que amosa un intelectual que condensa outra forma de entender o saber do seu tempo.
- Nesta ocasión a proposta expositiva, que combina paneis e instrumentos expostos na Biblioteca, busca compoñer un relato a modo de crebacabezas con varios niveis, apoiado nunha narrativa multimedia, que permitirá achegarse á complexa e poliédrica figura de Afonso X, ás Cantigas de Santa María, como testemuño visual e sonoro da Idade Media galega e europea, aos instrumentos e á cultura galega da época.
- No marco da exposición, que poderá visitarse até o 14 de abril de 2024, organizouse un programa de actividades, que inclúen conferencias, concertos ou presentacións.
Cartel informativo: Descargar
Programa: Descargar

Evento:
Exposición
Organiza:
Consello da Cultura Galega
Data:
04.04.2024
14.04.2024
Hora:
10:00
Lugar:
Museu de Arte da Bahia
Av. Sete de Setembro, 2340 - Corredor da Vitória
Salvador - 40080-004Bahia Brasil
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






