Exposición de fotografía "Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago", en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
311 lecturas

O xoves 4 de maio ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid, inaugúrase a mostra Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago.

  • A mostra, organizada por Turismo de Galicia, é unha homenaxe a todos/as os/as hospitaleros/as voluntarios/as a través dunha selecta colección de fotografías de Manuel G. Vicente, que foron tomadas nas últimas décadas. Merecida homenaxe aos/ás hospitaleros/as voluntarios/as, que enchen o Camiño de fraternidade, solidariedade e difusión de contidos culturais e espirituais. 
  • O exercicio da hospitalidade, a acollida ao/á peregrino/a, é un valor considerado desde hai séculos como pedra angular do Camiño de Santiago. Unha forma de espiritualidade poéticamente recollida nas fotografías que Manuel G. Vicente tomou ao longo do Camiño durante as últimas décadas, na ruta e os seus albergues.
  • Esta entrañable acollida fúndese coa vivencia do encontro, a solidariedade, a amizade e a comprensión mutua. A todo iso hai que sumar os valores paisaxísticos, a historia compartida e a cultura.
  • A inauguración da exposición contará coa presenza de Ildefonso de la Campa, director do Xacobeo, a quen acompañará o director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano López.

Datas e horario de visita: Ata o 1 de xuño, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. Domingos e festivos: de 10:00 h a 14:00 h.

Exposición de fotografía "Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago", en Madrid
Evento: 
Mostra
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Turismo de Galicia
Data: 
04.05.2023
01.06.2023
Hora: 
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: