XV Xornadas do Peregrino "Abrindo Camiño", en Mondoñedo - 2022
Os sábados 18 e 25 e o domingo 26 de xuño celebraranse en Mondoñedo as XV Xornadas do Peregrino "Abrindo Camiño", con entrada libre e de balde.
Programa: descargar completo
- Sábado, 18 de xuño: Xornada sobre a historia e o patrimonio en Mondoñedo. O seu estudo e posta en valor.
- Sábado, 25 de xuño: Xornada sobre a emigración e a tradición da peregrinación xacobea en América.
- Domingo, 26 de xuño: Romaría na Área recreativa de "A Fervenza" de Viloalle.
As xornadas do 18 e o 25 de xuño serán retransmitidas a través do Facebook do Concello de Mondoñedo e a canle de YouTube de The Mondoñedo Valley.
Cartel: descargar
Máis info: Oficina de Turismo de Mondoñedo, tlf. 982 507 177

Evento:
Xornadas
Organiza:
Asociación «Abrindo Camiño» de Amigos do Camiño Norte de Santiago
Data:
18.06.2022
25.06.2022
26.06.2022
Hora:
19:00
Lugar:
Auditorio municipal de Mondoñedo "Pascual Veiga"
Praza Jaime Cabot, s/n
Mondoñedo - 27740Lugo España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





