Seminario: "Retos del/la emprendedor/a migrante en Alemania", en Berlín
O venres 23 de agosto a partir das 10:00 h, no Unternehmerinnen-Centrum West da capital xermana, La Red Berlín e Frauenalia organizan o seminario Retos del/la emprendedor/a migrante en Alemania.
Temas a tratar:
- Que significa ser migrante-emprendedor/a?
- Como dou de alta o meu negocio?
- Como chegar aos/ás meus/miñas clientes?
- Que cualidades interculturais e habilidades persoais debo desenvolver para interactuar co/a cliente/a alemán/á?
- Que rol xoga a miña resiliencia intercultural?
- Que significa conciliación familia/emprendemento?
- Como xestiono o estrés?
- Como xestiono o tempo nun contexto distinto ao da miña orixe? Etc...
Programa:
- 10:00 - Recepción
- 10:15 - Exposición e presentación de proxectos de acompañamento para o emprendemento
- 12:00 - Preguntas e respostas
Inscrición: o seminario é gratuíto e as prazas limitadas e para participar hai que enviar un correo-e a la-red@la-red.eu

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
La Red e. V. Berlin
Frauenalia
Data:
23.08.2019
Hora:
10:00
Lugar:
Unternehmerinnen-Centrum West (Konferenzraum 4. OG)
Sigmaringer Straße 1
Berlín - D-10713 Berlin Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:




