Mesa redonda "Galicia polo mundo: Meigas save the talent", en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
493 lecturas

O luns 24 de xuño a partir das 19:30 h, na sede da Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, celébrase a mesa redonda Galicia polo mundo: Meigas save the talent.

Participantes:

  • Ana Simoneta, expresidenta de AIESEC, a maior organización de novos/as líderes do mundo con presenza en 134 países e máis de 100.000 membros; actualmente é coordinadora de Proxectos na Organización de Estados Iberoamericanos.
  • Elías Casado, director de Talento en NOVA, a maior plataforma de talento top de Europa.
  • Emilio Froján, Vehicle Operations Manager en VOI, a maior plataforma de micromobilidade de Europa e co-fundador do Instituto Galego do Talento (Comunidade de mozos/as profesionais galegos/as presente en 6 países).

Temas a tratar:

  • Que competencias están a desenvolver hoxe os/as mozos/as? Cales necesitarán? Estamos preparados para a era 4.0?
  • Expertos en talento novo contarán as claves para ser capaces de achegar valor á sociedade nunha etapa de constante cambio.
  • Como hai que formarse? Serve de algo a Universidade? Que consideran as empresas talento top?

Máis info: casadegalicia.xunta.gal

Mesa redonda "Galicia polo mundo: Meigas save the talent", en Madrid
Evento: 
Conferencia/Charla
Data: 
24.06.2019
Hora: 
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid / Delegación de la Xunta de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España