Día das Letras Galegas 2019, en Hamburgo

Listen to this page using ReadSpeaker
398 lecturas

O sábado 18 de maio a partir das 20:00 h, na sede da entidade galega na cidade hanseática, a Asociación Cultural Galega de Hamburgo e.V. celebra o Día das Letras Galegas 2019, a gran festa da nosa cultura que na presente edición a Real Academia Galega acordou dedicar a Antonio Fraguas.

  • Acto cultural no que se explicará a historia e importancia da celebración do día das Letras Galegas, repasarase a vida e obra do homenaxeado e a súa vinculación co galeguismo, farase unha lectura dunha selección da súa obra e comentarase a importancia da mesma dentro da cultura galega.
  • A celebración acompañarase cunha selección de empanadas e cervexas e viños galegos.

Máis info: Facebook

Día das Letras Galegas 2019, en Hamburgo
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Asociación Cultural Galega de Hamburgo e.V.
Data: 
18.05.2019
Hora: 
20:00
Lugar:
Asociación Cultural Galega de Hamburgo e.V.
Boschstraße, 15 - 1º
Hamburgo - 22761Hamburg
Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
XII Festival Cultural Convergências Portugal-Galicia no Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026