Homenaxe a Adolfo Lozano Bravo en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
605 lecturas

O mércores 19 de decembro a partir das 19:30 h, no Salón da Escola de Hostalaría do Centro Galicia de Bos Aires, o Centro Galicia da capital arxentina xunto coa Cátedra Galicia-América (Universidad Nacional de San Martín), o Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol (IAGSA), a Universidad de Belgrano (UB) e a Xunta de Galicia celebran unha homenaxe a Adolfo Lozano Bravo pola súa dedicación entusiasta á difusión da lingua e cultura de Galicia.

  • Adolfo Lozano Bravo (1938-2014) dirixiu a Cátedra de Estudos Galegos da UB, foi profesor de Cultura Galega na Universidade de  Morón, impartiu cursos nos centros galegos de Avellaneda e a Plata, e participou activamente da creación de  IAGSA, entre outros ámbitos e medios a través dos cales se converteu en  un dos máis importantes promotores da cultura galega no país.

Entrada: libre e de balde | Información e reservas: lecturamundi@unsam.edu.ar

Máis info: centrogalicia-bsas.org | Facebook | Twitter

Homenaxe a Adolfo Lozano Bravo en Bos Aires
Evento: 
Homenaxe
Organiza: 
Centro Galicia de Buenos Aires / Cátedra Galicia-América (Universidad Nacional de San Martín) / Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol / Universidad de Belgrano / Xunta de Galicia
Data: 
19.12.2018
Hora: 
19:30
Lugar:
Centro Galicia de Buenos Aires - Salón Hostalaría
Bartolomé Mitre 2552
C1039AAPCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina