Exposición "Galicia en cartel", no Museo de la Emigración Gallega en la Argentina
O venres 31 de agosto ás 19:00 h, na sala Manuel Cao Turnes da sede da entidade galega en Bos Aires, o Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA) presenta a exposición Galicia en cartel, que reflicte a imaxe da nosa comunidade na cartelería turística durante o século XX, grazas a un exhaustivo traballo de investigación realizado por un equipo multidisciplinario da Universidade de Santiago de Compostela.
- Esta nova retrospectiva, achégase a unha pequena difusión, do que foi no seu momento a mostra Galicia en cartel, rescatando as imaxes, paisaxes, vivencias e poñendo en valor épocas e coloridos de pobos e cidades. Acompañando con poesía e expresións literarias de intelectuais, que homenaxearon a Galicia en cada manifestación escrita.
- Galicia en cartel evoca mediante a expresión gráfica, plástica e fotográfica a difusión que se fixo, durante máis de 100 anos, dos espectaculares escenarios naturais e a evolución que se foi xestando ao longo do tempo, acompañando os cambios que aconteceron na realidade española.
Datas e horarios de visita: con entrada libre e de balde, a mostra pode visitarse os mércores de 15:00 a 20:00 h e os sábados de 17:00 a 20:00 h.
Máis info: www.fsgallegas.org.ar | Facebook | Twitter | Instagram

Evento:
Exposición
Organiza:
Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA)
Data:
31.08.2018
Hora:
19:00
Lugar:
Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA)
Chacabuco, 955 - (San Telmo)
1069Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





