XIX Concurso literario Julio Camba de relato curto do Centro Galego de Santander 2018

Listen to this page using ReadSpeaker
888 lecturas

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2018 en Cantabria, o 17 de maio de 2018, o Centro Galego de Santander convoca o XIX Concurso literario Julio Camba de relato curto.

Premios:

  • 1º Premio: Medalla do Centro, Diploma e 750 €
  • 2º Premio: Diploma e 500 €

Bases (picar aquí para descargar completas):

  • 1.- Poderán participar:
    A) maiores de idade residentes en España e
    B) os/as socios/as de calquera Centro Galego do mundo
  • 2.- O tema será libre, orixinal, inédito e non premiado, podendo ser escrito en lingua galega ou española. Presentarase unha soa obra. Os traballos presentaranse, por triplicado, cunha extensión entre 6 e 8 folios tamaño A-4, a dobre espazo, 25 liñas por páxina, en letra Times New Roman 12 ou similar e baixo o sistema de lema con plica. En sobre pechado, co lema escrito por fóra, constarán os datos persoais do autor ou autora, cun breve currículo. As/os concursantes que non residan en España incluirán certificación do Centro onde se encontren asociados/as. As persoas gañadoras comprométense a facilitar a través de correo electrónico ou correo postal unha copia do relato en formato Word.
  • 3.- Os traballos entregaranse antes do día 1 de Outubro de 2018, por correo ou persoalmente na Secretaría do Centro Gallego: XIX CONCURSO LITERARIO JULIO CAMBA. C/ Hernán Cortés, 47 - Entresuelo. C.P. 39003 - Santander.
  • 4.- O fallo do xurado darase a coñecer na festa do Magosto en Novembro de 2018 e será inapelable, podendo declarar desertos os premios ou eliminar os relatos que non se ateñan ás bases. A acta co fallo, publicarase no Facebook do Centro Gallego no seu blog http://cgallegosantander.blogspot.com.es e comunicarase ás/aos gañadores/as.
  • 5.- Os traballos premiados quedarán en propiedade do Centro Galego, poderán ser publicados na Revista Libredón do Centro Galego e posteriormente editados nun libro. Os relatos non seleccionados serán destruídos unha vez emitido o fallo do xurado.
  • 6.- As/os autoras/autores premiadas/os nalgunha das cinco últimas edicións non poderán presentarse.
  • 7.- A cerimonia de entrega dos premios, á que serán invitados/as, celebrarase en Decembro, nun acto especial do que serán informados/as previamente. Os autores e autoras premiados, comprométense a recollelo persoalmente, do contrario enténdese que renuncian a este
  • 8.- O feito de participar neste Certame implica a aceptación das súas Bases. Todas as incidencias non previstas nelas serán resoltas polo Xurado
XIX Concurso literario Julio Camba de relato curto do Centro Galego de Santander 2018
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Centro Gallego de Santander
Data: 
30.09.2018
Hora: 
24:00
Lugar:
Centro Gallego de Santander
Hernán Cortés, 47 - entresuelo
Santander - 39003Cantabria
España