Exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia", en A Baña

Listen to this page using ReadSpeaker
1320 lecturas

Do venres 3 ao xoves 30 de novembro, na Casa da Cultura da Baña, permanecerá exposta Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia, mostra promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG), a través do seu Arquivo da Emigración Galega, e coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de A Baña.

  • Horario de visita: de 9:00 a 14:00 h, e de 16:30 a 19:30 h.
  • A mostra exponse na Casa da Cultura da localidade barcalesa -doazón do filántropo indiano Rafael Díaz- coincidindo co 110º aniversario da fundación da Unión Barcalesa da Habana.
  • Luces de alén mar conmemora, dunha banda, a efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América, e doutra, as súas realizacións académicas e vizosas realidades nas localidades de procedencia dos/as emigrantes: varios centos de escolas foron construídas nas décadas finais do século XIX e no primeiro terzo do século XX grazas á multitude de iniciativas de intervención escolar mancomunada que xermolaron neste período desde a Galicia da diáspora.
Exposición "Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia", en A Baña
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Secretaria Xeral da Emigración
Concello de A Baña
Data: 
03.11.2017
30.11.2017
Lugar:
Casa da Cultura da Baña
Rúa das Dores, s/n
A Baña - 15863A Coruña
España