Exposición fotográfica 'José Suárez. Unos ojos vivos que piensan', en Nova Delhi

Listen to this page using ReadSpeaker
676 lecturas

Do mércores 11 de outubro ao domingo 10 de decembro permanecerá exposta no Instituto Cervantes de Nova Delhi a mostra de fotografía José Suárez. Unos ojos vivos que piensan.

Horarios de visita: de martes a venres de 17:00 a 20:00 h; sábados e domingos, de 11:00 a 20:00 h.

A exposición: comisariada por Xosé Luís Suárez Canal e Manuel Sendón, exhíbense un total de 135 fotografías ordenadas en varias series, así como máis dun cento de documentos e publicacións. A mostra complétase con varias montaxes audiovisuais (en pantallas de plasma e tabletas) e unha serie de retratos de intelectuais e artistas a quen coñeceu ao longo da súa vida. Todo iso organízase cronoloxicamente seguindo as súas tres etapas vitais: a primeira, titulada Años 30, desenvólvese entre 1930 e 1936 e contén tres seccións: 'Por tierras de Salamanca', 'Galicia años 30' e 'Mariñeiros'; a segunda, Exilio; e a terceira, Retorno.

José Suárez (Allariz, 1902 – A Guarda, 1974) é unha das figuras máis interesantes e destacadas da fotografía galega e española do século XX. Nunha época na que predominaban os/as fotógrafos/as por encarga e unha visión costumista da sociedade galega, José Suárez revélase como un artista consciente da súa autoría. A súa obra reflicte unha gran preocupación humanista, incorporando novidades formais propias dos movementos de vangarda europeos como a Nova visión ou a Nova obxectividade, un intelectual admirado polos/as seus/súas coetáneos/as, un namorado de Xapón e Iberoamérica que cambiou o éxito no exilio polo esquecemento na súa terra.

Máis info: en nuevadelhi.cervantes.es, Facebook e Twitter

Exposición fotográfica 'José Suárez. Unos ojos vivos que piensan', en Nova Delhi
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Instituto Cervantes de Nueva Delhi
Cidade da Cultura de Galicia
Data: 
11.10.2017
10.12.2017
Lugar:
Instituto Cervantes de Nueva Delhi
48, Hanuman Road - Connaught Place
New Delhi - 110 001Delhi
India
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: