IIIª Festa medieval, a prol da campaña 'A Hermandad Unida contra o Cancro', en Caracas
O sábado 4 de novembro a partir das 9:00 h, na Pista Techada da sede da entidade galega en Caracas, o Comité de Damas da Hermandad Gallega de Venezuela organiza a IIIª Festa medieval, cuxos beneficios se destinarán á campaña A Hermandad Unida contra o Cancro, que ten como fin a recadación de fondos a prol de todas as institucións responsables da prevención, diagnose e tratamento desta enfermidade.
- Contarase coa participación de todas as asociacións con sede na Hermandad, grupos folclóricos, de teatro, danza moderna e todas as persoas que desexen participar
- Haberá comidas típicas, atraccións, bailes, presentacion especial de Alo Flamenko e Bingo ás 20:00 h (os/as invitados/as poderán entrar coa compra do cartón do bingo de Bs. 20.000)
Info sobre os donativos: picar aquí para descargar
Máis info: no tlf. 0212-7937193, o correo-e comitededamashgv@gmail.com e Instagram

Evento:
Acto Solidario/Benéfico
Organiza:
Hermandad Gallega de Venezuela
Data:
04.11.2017
Hora:
9:00
Lugar:
Hermandad Gallega de Venezuela - Pista Techada
Avenida Principal Maripérez con Andrés Bello
Caracas - 1050-AVenezuela
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





