Seminarios gratuítos sobre autónomos/as, en Hamburgo
Os martes 21 e 28 de novembro, na sede do Instituto Cervantes de Hamburgo, Arbeit und Leben Hamburg e. V. e La Red. e. V. Berlin organizan un seminario gratuíto, estruturado en dous módulos, sobre os aspectos básicos que deben coñecer os/as autónomos/as en Alemaña.
Módulo 1 - 21.11.2017 - Emprender en Alemaña I
Os aspectos que se analizarán e explicarán no seminario, serán os seguintes:
- Tipos de autónomo/a (segundo actividade ou segundo facturación)
- Procedemento para facerse autónomo/a
- Facturación
- Seguros sociais
Módulo 2 - 28.11.2017 - Emprender en Alemaña II
Este Seminario profunda en temas de interese para os/as autónomos/as:
- Revisión dos conceptos da primeira parte do Seminario,
- Impostos ( Imposto sobre os ingresos, IVE ou Imposto sobre o valor engadido)
- Declaración da renda
- Principios de Facturación simple: EÜR Formulario
Inscricións, dúbidas e suxestións: alina.weber@hamburg.arbeitundleben.de
Máis info: no facebook, www.la-red.eu e hamburg.arbeitundleben.de

Evento:
Curso
Organiza:
Arbeit und Leben Hamburg e. V.
La Red. e. V. Berlin
Data:
21.11.2017
28.11.2017
Hora:
17:00
Lugar:
Instituto Cervantes de Hamburgo
Fischertwiete 1 (Chilehaus, Eingang B)
Hamburgo - 20095Hamburg Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





