Xornadas informativas hispano-alemano-suízas de Seguridade Social, en Lugo

Listen to this page using ReadSpeaker
848 lecturas

O luns 25 e o martes 26 de setembro, na Dirección Provincial do INSS de Lugo, terán lugar unhas xornadas informativas con técnicos/as especialistas en Seguridade Social de España (INSS), Alemaña (Deutsche Rentenversicherung) e Suíza (Schweizerische Ausgleichskasse) para aclarar dúbidas a aquelas persoas que están ou estiveron traballando nestes países.

  • Os/as especialistas asesorarán gratuitamente a aqueles/as interesados/as que pidan cita previa, aínda que en ocasións tamén se atenden consultas sen cita
  • Informarase sobre pensións de xubilación ou invalidez, dereitos a prestacións legais amparadas polos regulamentos comunitarios, etc.
  • Os/as interesados/as deben levar os documentos do seguro e o carné de identidade ou pasaporte

Horarios:

  • Luns 25: de 10:00 a 14:00 h e  de 16:00 a 18:00 h
  • Martes 26: de 09:00 a 14:00 h e  de 16:00 a 18:00 h

Citas: no tlf. 982 29 34 75

Xornadas informativas hispano-alemano-suízas de Seguridade Social, en Lugo
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Instituto Nacional de la Seguridad Social
Deutsche Rentenversicherung
Schweizerische Ausgleichskasse
Data: 
25.09.2017 a 26.09.2017
Lugar:
Dirección Provincial do INSS
Ronda Músico Xosé Castiñeira, 26
Lugo - 27002Lugo
España