Presentación do libro 'Cervantes e O Quixote. A invención do humorismo', de Siro López Lorenzo, na Casa de Galicia de Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
691 lecturas

O mércores 26 de abril ás 19:30 h, na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, preséntase o libro Cervantes e O Quixote. A invención do humorismo, de Siro López Lorenzo, publicado pola Xunta de Galicia a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

  • O acto contará coa participación do autor e do director da Real Academia Española, Darío Villanueva Prieto.
  • O volume XXXVI da colección Cadernos Ramón Piñeiro é un ensaio no que o humorista gráfico e caricaturista ferrolán, Siro, analiza a aparición do humorismo na literatura universal coa obra "O Quixote", de Cervantes. Este libro constitúe a máis destacada e rigorosa investigación sobre o humorismo cervantino e proporciona valiosas análises á mantenta doutras figuras do humanismo galego e universal.
  • Neste novo Caderno Ramón Piñeiro, o humorista gráfico, caricaturista e ensaísta ferrolán presenta "O Quixote" como a primeira obra humorística da literatura universal. Trátase do primeiro estudo no que se explica por que Cervantes crea o humorismo na literatura, un tema que non fora abordado en profundidade ata agora. Para explicar como Cervantes crea o humorismo, o autor parte da tese apuntada por Celestino Fernández de la Vega, que explica a través dunha fonda análise sobre a biografía do autor e sobre a sociedade da época nun ensaio estruturado en 12 capítulos.
Presentación do libro 'Cervantes e O Quixote. A invención do humorismo', de Siro López Lorenzo, na Casa de Galicia de Madrid
Evento: 
Presentación
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data: 
26.04.2017
Hora: 
19:30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: