Presentación do libro «Galegos Universais. Influencia de Galicia no Mundo», en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
555 lecturas

O venres 3 de marzo ás 12:00 h, na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, preséntase o libro Galegos Universais. Influencia de Galicia no Mundo, obra colectiva coordinada por Alfonso Eiré e editada -en cadansúa edición en galego e castelán- por Hércules Ediciones.

  • Participarán no acto de presentación Eduardo Esteban Meruéndano, presidente da Asociación Cristóbal Colón e co-autor da biografía de Cristóbal Colón, e Francisco Rodríguez Iglesias, editor
  • Os autores destas primeiras cinco biografías que aparecen no dito volumen son cinco coñecidos historiadores e investigadores: Victorino Pérez desvela a historia de Prisciliano; Manuel A. Castiñeiras relata o papel de Xelmírez na Europa do seu tempo; Eduardo Esteban e Aquilino Fariñas aportan os documentos que demostran que Cristóbal Colón era galego; Xurxo Martínez fala da galeguidade de Simón Bolívar, e Afonso Eiré entra a fondo nas relacións e sentimentos de Fidel Castro coa terra do seu pai
Presentación do libro «Galegos Universais. Influencia de Galicia no Mundo», en Madrid
Evento: 
Presentación
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data: 
03.03.2017
Hora: 
12,00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España