V Certame de poesía en lingua galega "Manuel María" da Casa de Galicia en Guipúscoa
A Casa de Galicia en Guipúscoa convoca o Vº Certame de poesía en lingua galega "Manuel María".
Bases:
- O poema estará escrito en lingua galega e terá un máximo de noventa versos e un mínimo de corenta. Admitiranse conxuntos de poemas de temática común sempre que non excedan dos cen versos
- O poema enviarase nun sobre sen remitente nin indicación algunha referente á personalidade do/a autor/a ao seguinte enderezo:
Casa de Galicia en Gipuzkoa
Rúa Zabaleta, 28 - baixo
20002 - San Sebastián (Gipuzkoa)
Dentro, noutro sobre pechado, figurará exteriormente o primeiro verso do poema e no interior do mesmo sobre constará o nome, enderezo, número do DNI, teléfono e enderezo electrónico do/a autor/a. - As obras que se presenten deberán ser inéditas
- Os poemas enviaranse por triplicado sen grampar nin encadernar antes do día 30 de abril de 2017
- A organización nomeará un xurado composto por persoeiros relevantes da creación e da crítica e daranse a coñecer no momento de facerse público o fallo do xurado
- Os premios fallaranse o 3 de xuño de 2017 dentro dos actos de celebración do Día das Letras Galegas. Os poemas premiados serán editados pola Casa de Galicia en Gipuzkoa na forma e no lugar que se estime axeitado
- Os premios consistirán en:
1º premio: 400 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 100 euros - Os premios publicaranse na web da Casa de Galicia en Gipuzkoa unha vez realizado o fallo por parte do xurado
- O feito de participar supón aceptar a resolución do xurado así como as bases do certame. O xurado poderá declarar deserto algún premio
- A Casa de Galicia en Gipuzkoa resérvase os dereitos de publicar calquera dos traballos presentados ao concurso na forma ou no medio que estime axeitado
- Non se devolverán os orixinais
Bases completas: picar aquí para descargar
Máis info: http://casagaliciass.org, facebook e Twitter
Evento:
Certame literario
Organiza:
Casa de Galicia en Guipúzcoa
Data:
30.04.2017
Hora:
0,00
Lugar:
Casa de Galicia en Guipúzcoa
Zabaleta, 28 - bajo
Donostia/San Sebastián - 20002Gipuzkoa España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: