Charla informativa 'Dereitos e prestacións da familia en Alemaña', en Hannover

Listen to this page using ReadSpeaker
777 lecturas

O xoves 16 de febreiro de 18,00 a 20,00 h., no KIZH da capital da Baixa Saxonia, a asociación Cisne Hannover, coa colaboración da Consellaría de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Alemaña e a Asociación de Padres de Lengua Española de Hannover, organiza a charla gratuíta Dereitos e prestacións da familia en Alemaña.

Relatores/as:

  • Cristina Marugán Guémez, xefa rexional da Consellaría de Emprego e Seguridade Social
  • Carmen Sánchez Baldeón, asesora sociolaboral da Consellaría de Emprego e Seguridade Social
  • Francisco Celada García, presidente da Asociación de Padres de Lengua Española en Hannover

Programa:

  • Temas: prestacións por fillo/a e maternidade ou paternidade, seguro médico cun familiar a cargo, prestacións non contributivas (Hartz-IV) no caso de familias, etc.
  • Ao finalizar a exposición dos/as relatores, abrirase unha rolda de preguntas

Asistencia:

Charla informativa 'Dereitos e prestacións da familia en Alemaña', en Hannover
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Cisne Hannover e.V.
Consejería de Empleo y Seguridad Social en Alemania
Asociación de Padres de Lengua Española de Hannover
Data: 
16.02.2017
Hora: 
18,00
Lugar:
Katholischen Internationalen Zentrums Hannover - KIZH
Marschnerstraße 34
Hannover - 30167Niedersachsen
Alemaña