Exposición 'A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración', en Santiago de Compostela

Listen to this page using ReadSpeaker
915 lecturas

Ata o 27 de xaneiro de 2017 pode visitarse, na sede do Centro ABANCA Obra Social de Santiago, a mostra A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración, unha escolma dos tesouros das Coleccións de Arte ABANCA e Afundación que falan da emigración, grandes obras creadas ao longo do século XX por algúns/has dos/as nosos/as artistas máis sobranceiros/as, desde Castelao a Maruxa Mallo ou Isaac Díaz Pardo. O nexo que os anoa a todos/as nesta mostra é o representaren a súa experiencia vital sobre a emigración desde fóra das nosas fronteiras.

  • A mostra, comisariada por Carlos L. Bernárdez, reúne 44 obras de 20 artistas galegos/as e incide na achega cultural do fenómeno migratorio e a influencia que exerceu esta experiencia vital na evolución artística de cada un/ha dos/as creadores/as escollidos/as
  • O percorrido parte dunha das figuras chave na historia da arte galega: Castelao, cunha presenza da emigración constante na súa obra. A través del chégase a un segundo núcleo expositivo constituído polos/as artistas exiliados/as en América tras a guerra civil. Maruxa Mallo, Arturo Souto, Manuel Colmeiro, Eugenio Granell, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo ou Laxeiro son algúns dos/as creadores/as destacados/as cando falamos da arte galega á outra beira do Atlántico. A través das súas obras podemos observar como evoluciona a súa produción artística, en que está presente o país que deixaron atrás e a nova realidade americana, adoptando as expresións dunha sólida renovación formal que os/as conectan coas correntes internacionais máis avanzadas
  • A exposición finaliza cunha representación das novas xeracións formadas na posguerra, un colectivo que protagoniza un novo fenómeno migratorio, esta vez principalmente cara a Madrid, o centro do sistema da cultura dominante, e outras cidades coma Nova York ou París. Leopoldo Nóvoa, Jorge Castillo, Manuel Mampaso, Luis Caruncho, Antonio Lago Rivera ou Tino Grandío son algúns dos representantes desta segunda diáspora con creacións que forman parte da mostra

Horarios e visitas

  • De luns a venres, 11,30 a 13,30 e 17,00 a 21.00 h.; sábados, domingos e festivos, de 17,00 a 21,00 h.
  • Polo Nadal abre ata as 14,00 h. os días 24 e 31 de decembro e pecha os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro.  
  • Existen visitas comentadas para público en xeral e tamén programadas para centros escolares. Para máis información e reservas, 981 552 577 e areaeducativacompostela@afundacion.org

Máis info: www.afundacion.org

Exposición 'A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración', en Santiago de Compostela
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Afundación
Data: 
06.10.2016
27.01.2017
Lugar:
Centro ABANCA Obra Social
Cervantes s/n
Santiago de Compostela - 15897A Coruña
España