Exposición de fotografía 'Cenlle: Terra-Xente-Viño. Cultura, patrimonio e tradición', en Castelló

Listen to this page using ReadSpeaker
1468 lecturas

O mércores 23 de novembro ás 19,00 h., no Centro Municipal de Cultura da capital da Plana Alta, inaugúrase a mostra fotográfica Cenlle: Terra-Xente-Viño. Cultura, patrimonio e tradición, organizada polo Centro Galego de Castelló 'O Aturuxo' en colaboración co Concello de Cenlle, adegas da zona, a Deputación de Ourense e a Regidoria de Cultura do Ajuntament de Castelló.

  • Datas da exposición: do 23 de novembro ao 20 de decembro
  • Exposición sobre este concello da comarca do Ribeiro (Ourense) está composta por imaxes tomadas nos meses de agosto e setembro -incluída a vendima- por Matteo Bertolino, fotográfo italiano afincado en Santiago, coa coordinación do profesor Oleg Lazovski
  • A mostra complementarase con outras iniciativas como a cata dos caldos de adegas da zona, que darán a coñecer estes viños, organizada e dirixida pola Asociación Enológica de Castelló
Exposición de fotografía 'Cenlle: Terra-Xente-Viño. Cultura, patrimonio e tradición', en Castelló
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Data: 
23.11.2016
20.12.2016
Hora: 
19,00
Lugar:
Centre Municipal de Cultura
Antonio Maura, 4
Castelló de la Plana - 12001Castellón-Castelló
España