Exposición "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí", en Salvador de Baía

Listen to this page using ReadSpeaker
688 lecturas

Do luns 17 de outubro ao sábado 17 de decembro estará exposta, na sede do Instituto Cervantes de Salvador de Baía, a mostra Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Consello da Cultura Galega e Agadic, e por medio do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI- Filmoteca de Galicia) e a colaboración do Instituto Cervantes da capital baiana.

Trátase dunha exposición itinerante composta por 51 imaxes en branco e negro do fotógrafo coruñés Alberto Martí que retratan o éxodo galego a América desde os portos da Coruña e Vigo e o retorno destas persoas durante o período que vai desde o 1957 ata o 1963.

  • Horario de visita: de luns a sábado de 9,00 a 17,00 h.
Exposición "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí", en Salvador de Baía
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Instituto Cervantes de Salvador de Bahia
Data: 
17.10.2016
17.12.2016
Hora: 
9,30
Lugar:
Instituto Cervantes de Salvador de Bahía
Avenida Sete de Setembro, 2792 - Trecho da Ladeira da Barra
Salvador de Bahía - 40130-000Bahia
Brasil