Curso de técnicas de construción para traballadores/as españois/las empregados/as na industria suíza da construción, en Arteixo

Listen to this page using ReadSpeaker
784 lecturas

A Dirección General de Migraciones do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, xunto á Fundación Laboral de la Construcción, a Sociedade Suíza de Empresarios da Construción, os sindicatos Unia e Syna, e co apoio financeiro do Fondo Paritario da Formación (Parifonds-Construción) organizan o Curso de técnicas de construción para traballadores/as españois/las empregados/as na industria suíza da construción.

Lugar de realización, datas e duración

  • Lugar: Arteixo (A Coruña)
  • Datas: do 2 de xaneiro ao 24 de febreiro de 2017
  • Duración: 320 h., de luns a  venres en bloques de 40 h. semanais

Contidos didácticos

  • Encofrado, canalizacións, entibados e pozos, mampostería de ladrillo, coñecementos básicos de interpretación de planos, seguridade e hixiene no traballo

Requisitos para participar

  • Acreditar experiencia no sector da construción en Suíza durante, alomenos, 6 meses
  • Ter cotizado previamente ao Parifonds durante seis meses
  • Proposta do/a empresario/a para participar no curso

Condicións de participación

  • O/a participante recibirá unha indemnización por asistencia do Parifonds equivalente ao 80% do salario obtido antes de comezar o curso
  • O/a participante que finalice o curso poderá ser clasificado na categoría salarial "A" (se non estivera xa nela)
  • O/a traballador/a de temporada e a súa empresa comprométense a concertar un novo contrato de traballo. De tratarse dun/ha traballador/a con permiso "B" ou "C", a empresa comprométese a conceder ao/á traballador/a permiso para asistir ao curso
  • NOTA: os/as traballadores/as da construción empregados/as a través de empresas de traballo temporal tamén poderán asistir ao curso, aínda que en condicións diferentes

Inscrición:

  • Debe realizarse a través da empresa
  • O prazo de inscrición remata o venres 4 de novembro
  • Folla de inscrición: picar aquí para descargar

Máis info:

Curso de técnicas de construción para traballadores/as españois/las empregados/as na industria suíza da construción, en Arteixo
Evento: 
Curso
Organiza: 
Dirección General de Migraciones - Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Fundación Laboral de la Construcción
Schweizerische Baumeisterverband - Société Suisse des Entrepreneurs
Data: 
02.01.2017
Lugar:
Fundación Laboral de la Construcción - Galicia
Polígono de Sabón, Avda. da Praia. Parcela 131-A
Arteixo - 15142A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: