Curso de técnicas de construción para traballadores/as españois/las empregados/as na industria suíza da construción, en Arteixo
A Dirección General de Migraciones do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, xunto á Fundación Laboral de la Construcción, a Sociedade Suíza de Empresarios da Construción, os sindicatos Unia e Syna, e co apoio financeiro do Fondo Paritario da Formación (Parifonds-Construción) organizan o Curso de técnicas de construción para traballadores/as españois/las empregados/as na industria suíza da construción.
Lugar de realización, datas e duración
- Lugar: Arteixo (A Coruña)
- Datas: do 2 de xaneiro ao 24 de febreiro de 2017
- Duración: 320 h., de luns a venres en bloques de 40 h. semanais
Contidos didácticos
- Encofrado, canalizacións, entibados e pozos, mampostería de ladrillo, coñecementos básicos de interpretación de planos, seguridade e hixiene no traballo
Requisitos para participar
- Acreditar experiencia no sector da construción en Suíza durante, alomenos, 6 meses
- Ter cotizado previamente ao Parifonds durante seis meses
- Proposta do/a empresario/a para participar no curso
Condicións de participación
- O/a participante recibirá unha indemnización por asistencia do Parifonds equivalente ao 80% do salario obtido antes de comezar o curso
- O/a participante que finalice o curso poderá ser clasificado na categoría salarial "A" (se non estivera xa nela)
- O/a traballador/a de temporada e a súa empresa comprométense a concertar un novo contrato de traballo. De tratarse dun/ha traballador/a con permiso "B" ou "C", a empresa comprométese a conceder ao/á traballador/a permiso para asistir ao curso
- NOTA: os/as traballadores/as da construción empregados/as a través de empresas de traballo temporal tamén poderán asistir ao curso, aínda que en condicións diferentes
Inscrición:
- Debe realizarse a través da empresa
- O prazo de inscrición remata o venres 4 de novembro
- Folla de inscrición: picar aquí para descargar
Máis info:

Evento:
Curso
Organiza:
Dirección General de Migraciones - Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Fundación Laboral de la Construcción
Schweizerische Baumeisterverband - Société Suisse des Entrepreneurs
Data:
02.01.2017
Lugar:
Fundación Laboral de la Construcción - Galicia
Polígono de Sabón, Avda. da Praia. Parcela 131-A
Arteixo - 15142A Coruña España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





