Sesión informativa 'Vivir e traballar en Alemaña: ferramentas para a busca de emprego', en Stuttgart
O mércores 23 de novembro en horario de 17,00 a 20,00 h., no Weltcafé da capital do estado de Baden-Württemberg, o Welcome Center Stuttgart, en colaboración coa Consellaría de Emprego e Seguridade Social e o Proyecto Picasso organizan a sesión informativa para inmigrantes hispanofalantes Vivir e traballar en Alemaña: ferramentas para a busca de emprego.
- Trataranse temas básicos sobre os perfís profesionais, o mercado laboral da rexión de Stuttgart, a procura de traballo, o CV e a solicitude de emprego
- Ademais inclúese a posibilidade de realizar unha revisión do CV por orientadores/as profesionais bilingües
Inscricións (as prazas son limitadas e prégase preinscrición): https://buchungssystem.region-stuttgart.de
Relatores/as:
- Dr. Verena Andrei, Wirtschaftsförderung Region Stuttgart/Welcome Center
- Carmen Álvarez-Cienfuegos, Consejería de Empleo y Seguridad Social
- Melanie Vollmer, Picasso Project Baden-Württemberg
Máis info: Dr. Verena Andrei, verena.andrei@welcome-center-stuttgart.de | Tlf.: 0711 76164641
Programa completo: picar aquí para descargar

Evento:
Curso
Organiza:
Welcome Center Stuttgar
Consejería de Empleo y Seguridad Social - Embajada de España en Berlín
Proyecto Picasso Baden-Württemberg
Data:
23.11.2016
Hora:
17,00
Lugar:
Weltcafé
Charlottenplatz 17 (próximo a Welcome Center)
Stuttgart - 70173 Baden-Württemberg Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





