Seminarios sobre cuestións xurídicas e laborais, en Hamburgo
A asociación Arbeit und Leben Hamburg organiza, co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España, tres seminarios gratuitos en castelán sobre cuestións xurídicas e laborais dirixido a cidadáns/ás españois/las residentes no norte de Alemaña.
Inscricións: (ata dúas semanas antes dos seminarios)
- Alina Weber: alina.weber@hamburg.arbeitundleben.de / Teléfono: +49 (40) 284 016-80
- Magdalena Morgenroth: magdalena.morgenroth@hamburg.arbeitundleben.de / Teléfono: +49 (40) 284 016-78
Seminario 1: Procura de emprego e solicitude de traballo - Luns, 26 de setembro, de 17,00 a 21,00 h.
- Varias posibilidades de buscar un posto de traballo
- O manexo da bolsa de emprego on-line do servizo público de emprego
- Ler e entender ofertas de traballo
- Explicación de posibilidades de recoñecer o título profesional en Alemaña
- Informacións sobre as posibilidades de traballar como autónomo/a
- A solicitude de traballo
- A entrevista de traballo
- Informacións sobre cursos de alemán
- Orientación sobre a oferta de asesoramento en Hamburgo
Seminario 2: Contrato laboral, condicións laborais e protección do traballo - Luns, 31 de outubro, de 17,00 a 21,00 h.
- Os compoñentes dun contrato laboral
- A nómina
- O minijob (emprego de poucas horas, remunerado cun máximo de 450 € mensuais e libre de impostos e cotizacións)
- A remuneración (convenios colectivos e salario mínimo)
- Os horarios de traballo
- As vacacións e baixas médicas
- O accidente laboral/ prestación económica de accidentado/a
- Informacións sobre o sistema de seguridade social en Alemaña
- Protección de mulleres embarazadas e baixas por maternidade
- As prestacións familiares (subsidio por fillos, subsidio parental)
Seminario 3: Perda do posto de traballo - Luns, 28 de novembro, de 17,00 a 21,00 h.
- O despedimento e protección fronte ao despedimento
- O contrato de rescisión/despido modificatorio/carta de advertencia
- A carta de recomendación
- O subsidio de desemprego contributivo (AGL1)
- O subsidio social (AGL2)
- Presentarse e apuntarse na axencia de emprego
- Informacións sobre o seguro de enfermidade/seguro de xubilación e desemprego
- A posibilidade de facer valer os dereitos xudiciais
- Rolda de preguntas cun avogado laboralista alemán
Máis info: picar aquí para descargar

Evento:
Curso
Organiza:
Arbeit und Leben Hamburg
Data:
26.09.2016
28.11.2016
Hora:
17,00
Lugar:
Arbeit und Leben Hamburg
Klub Besenbinderhof 62
Hamburgo - 20097Hamburg Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





