Electores/as CERA que se atopen en Galicia - Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016

Se estás inscrito/a no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) e te atopas temporalmente en Galicia, para participar nas eleccións do 25-S tes diversas opcións en base á túa planificación de permanencia en Galicia.

1ª Opción

Se tes previsto regresar ao teu país de residencia antes do 5 de setembro, podes solicitar o voto por fax ou correo postal, empregando o modelo CERA.

2ª Opción

Se vas estar en Galicia ata o 25 de setembro recorda que non poderás votar en urna, deberás solicitar o voto (podes descargar aquí a solicitude) a través de calquera oficina de Correos de España e recibirás toda a documentación para o voto no teu domicilio de Galicia. Lembra que na solicitude deberás indicar a túa condición de galego/a residente no estranxeiro, tal como se mostra aquí.

Os prazos que tes para facelo son os seguintes:

  • Solicitude do voto (vía postal) para os/as electores CERA que se atopen en Galicia o 25-S: do 2 de agosto ao 15 de setembro
  • Envío pola Oficina do Censo Electoral da documentación ao/á elector/a: do 5 ao 18 de setembro
  • Envío do voto (vía postal): do 5 ao 21 de setembro

3ª Opción

Por último, todo aquel/a elector/a que vaia atoparse en Galicia entre o 5 e o 18 de setembro, poden elixir unha das dúas opcións anteriores en función da súa data de regreso, podendo utilizar a solicitude de “voto por correo en Galicia” (opción 2), ou ben a través do modelo específico para residentes no exterior “modelo CERA” (opción 1)

NOTA:

Para resolver posibles dúbidas podes dirixirte a: galiciaaberta@xunta.es ou ben ao teléfono +34 981 957 172

Volver a ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 2016