1º Paso: Solicitude do voto - Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016

1º Paso: Solicitude do voto

(Do 02/08/2016 ata o 05/09/2016 inclusive)

  1. Impreso Oficial de SOLICITUDE DE VOTO
        Completar o formulario (impreso oficial) e que se obtén das seguintes maneiras:
        a) Baixándoo de internet en www.ine.es
        b) Retirándoo na dependencia consular que che corresponda pola túa residencia
        c) Recibíndoo por correo que che enviará a Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral
        d) Descargándoo aquí
  2. Fotocopia do Pasaporte español, ou Documento Nacional de Identidade español ou, no seu defecto, certificación de nacionalidade ou de inscrición no rexistro de matrícula consular.
  • Tamén se pode solicitar de forma telemática a través da Sede Electrónica do INE sempre que se dispoña da clave de tramitación telemática (CTT) remitida por correo postal ás/aos electores/as do CERA ou certificado electrónico recoñecido asociado ao DNI do/a elector/a.
  • IMPORTANTE: se estás inscrito/a no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) e te vas atopar en Galicia o 25-S, non poderás votar aquí en urna, pero si poderás facelo por correo: deberás solicitar o voto vía postal (ata o 15 de setembro).
Volver a ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 2016