Listados provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa “Reencontros na Terra”. Ano 2016
Publicación das listaxes provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa "Reencontros na Terra" 2016 (Resolución do 3 de maio de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 92, do 16 de maio).
De acordo co disposto no artigo 9.5 publícanse as listas provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas, correspondentes a Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai, México e Venezuela.
Os listados de Venezuela sairán nos vindeiros días á espera dun informe técnico solicitado pola comisión avaliadora.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles desde a publicación na páxina web http://emigracion.xunta.gal (o prazo remata o 04/08/2016) para formularen as alegacións que consideren oportunas e para emendar a solicitude. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, consideraranse desistidas da súa petición que se arquivará nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
| País | Data de publicación | Fin prazo emenda/alegacións | Listado |
|---|---|---|---|
| Arxentina | 22 xullo 2016 | 4 agosto 2016 | Descargar |
| Brasil | 22 xullo 2016 | 4 agosto 2016 | Descargar |
| Cuba | 22 xullo 2016 | 4 agosto 2016 | Descargar |
| México | 22 xullo 2016 | 4 agosto 2016 | Descargar |
| Uruguai | 22 xullo 2016 | 4 agosto 2016 | Descargar |
| Venezuela | 27 xullo 2016 | 8 agosto 2016 | Descargar |
Para formularen alegacións ou achegaren documentación complementaria coa fin de emendar a solicitude:
- No caso de Arxentina débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
- No caso de Uruguai débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
- No resto dos países débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
Notas: Con posterioridade publicaranse os listados definitivos das solicitudes admitidas e excluídas e logo os das persoas seleccionadas e as reservas.



