Emprende América - 'Doing Business en Latinoamerica: requisitos e metodoloxía para o emprendemento', en Perú

Listen to this page using ReadSpeaker
879 lecturas

Do 21 ao 23 de xuño, na Cámara Oficial de Comercio de España en Lima, celebrarase o Emprende América - 'Doing Business en Latinoamerica: requisitos e metodoloxía para o emprendemento', proxecto de IFFE Business School subvencionado polo 'Programa de Jóvenes' da Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España, que nace co obxectivo de apoiar e asesorar a mozos/as españois/las no proceso de planificación e posta en marcha dunha empresa en México, Colombia, Ecuador e Perú.

Requisitos para participar:

  • Residir nalgún dos países obxecto (México, Colombia, Ecuador ou Perú)
  • Ter nacionalidade española
  • Ser menor de 35 anos (data de nacemento posterior ao 31/12/1980)
  • Estar inscrito/a no Rexistro de Matrícula Consular correspondente (Consulado de España)

Máis info e inscricións: picar aquí

Emprende América - 'Doing Business en Latinoamerica: requisitos e metodoloxía para o emprendemento', en Perú
Evento: 
Curso
Organiza: 
Emprende América
Data: 
21.06.2016 a 23.06.2016
Lugar:
Cámara Oficial de Comercio de España en Perú
Avda. República de Panamá 3591 - Oficina 301 - San Isidro
Lima - 15036Lima
Perú
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
XII Festival Cultural Convergências Portugal-Galicia no Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026