Taller "Competencias interculturais e ferramentas para a busca de emprego en Alemaña", en Frankfurt

Listen to this page using ReadSpeaker
661 lecturas

O sábado 21 de maio de 9,00 a 17,00 h., a Oficina de Frankfurt da Consejería de Empleo y Seguridad Social da Embaixada de España en Alemaña organiza o taller "Competencias interculturais e ferramentas para a busca de emprego en Alemaña".

  • Presentaranse dunha forma práctica recursos que permitan identificar as oportunidades de emprego, buscar un posto de traballo e redactar un CV e unha carta de presentación, e información sobre a convalidación da titulación, recoñecemento das cualificaciones profesionais, alternativas ao traballo por conta allea así como as particularidades da cultura laboral e actividades de lecer que ofrece este país
  • A participación é de balde e as prazas son limitadas, e prégase inscrición previa (ata o 17 de maio) escribindo un correo-e a frankfurt@meyss.es
  • Máis info: picar aquí para descargar programa
Taller "Competencias interculturais e ferramentas para a busca de emprego en Alemaña", en Frankfurt
Evento: 
Curso
Organiza: 
Consejería de Empleo y Seguridad Social en Alemania
Data: 
21.05.2016
Hora: 
9,00
Lugar:
Oficina de Empleo y Seguridad Social - Konsulat des Königreichs Spanien
Schwalbacher Straße, 32
Frankfurt am Main - 60326Hessen
Alemaña