Charla informativa sobre prestacións sociolaborais de Suíza e España, no CRC Ourense de Basilea

Listen to this page using ReadSpeaker
748 lecturas

O domingo 13 de marzo ás 17,00 h., na sede do Centro Recreativo Cultural Ourense de Basilea, terá lugar unha charla informativa a cargo de avogados/as chegados/as dende España e posterior coloquio sobre prestacións de vellez, invalidez e demais aspectos soiolaborais de Suíza e España. A entrada é libre e de balde.

Temas que se tratarán:

  • Pensión de xubilación: cobro en Suíza e España
  • Solicitude de invalidez
  • Kinderrenten
  • Pensión de viuvez
  • Pensionskassengeld
  • Tributación de pensións
  • Solicitar desemprego en España ao retornar de Suíza
  • Canto tempo hai que ter cotizado en Suíza para poder cobrar unha pensión de xubilación?
  • Convenio especial de asistencia sanitaria para pensionistas de nacionalidade suíza residentes en España
Charla informativa sobre prestacións sociolaborais de Suíza e España, no CRC Ourense de Basilea
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Centro Recreativo Cultural Ourense
Data: 
13.03.2016
Hora: 
17,00
Lugar:
Centro Recreativo Cultural Ourense de Basel
Venedig-Strasse 37
Münchenstein - 4142Basel-Landschaft
Suíza