IIº Certame de redacción en galego do Centro Galicia en Ponferrada
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2016, dedicado na presente edición ao poeta Manuel María, o Centro Galicia en Ponferrada convoca o IIº Certame de redacción en galego, dirixido a escolares de primaria e de secundaria que optaron polo ensino da lingua galega nos centros escolares do Bierzo.
Bases
- Poden concorrer a este certame todos/as os/as escolares de primaria, secundaria e bacharelato que optaron polo ensino da lingua galega nos centros escolares do Bierzo
- Os traballos presentaranse en lingua galega, e han de ser orixinais e inéditos. O tema e forma serán libres
- A extensión dos orixinais será dun máximo de tres follas e un mínimo dunha cara en tamaño DIN A-4. Todas as páxinas deberán estar numeradas, a excepción da portada. As obras presentaranse por duplicado, con portada e grampadas na marxe superior esquerda. Soamente se pode presentar un traballo por autor/a. No traballo figurará o nome e apelidos do autor ou autora, a idade, o curso actual e o nome do centro onde está matriculado/a
- Os traballos poderán enviarse por correo postal a: "Centro Galicia en Ponferrada", Avda. Reis Católicos, 5-7. Ponferrada, ou entregar directamente nas oficinas da asociación (martes e xoves de 19 a 20 horas). A data límite de recepción de orixinais será o 22 de abril de 2016
- O xurado, cuxa composición se dará a coñecer ao emitirse o fallo, terá ademais das facultades normais de outorgar ou declarar deserto o premio, e emitir o fallo, as de interpretar as presentes bases. A decisión do xurado será inapelable
- O prazo máximo de resolución do procedemento será o 15 de maio de 2016. O fallo darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación
- A contía dos premios do II Certame de Redacción en galego será a seguinte:
-Categoría Infantil: Ata doce anos: 1º Premio 100€, 2º premio 75€ e 3º premio 50€
-Categoría Xuvenil: Dende os 13 anos: 1º Premio 100€, 2º premio 75€ e 3º premio 50€
(Os premios deberán ser empregados en adquisición de material escolar) - Os premios entregaranse no acto conmemorativo dedicado ás Letras Galegas a celebrar na sede da Asociación do Centro Galicia en Ponferrada o día 21 de maio de 2016. É requisito indispensable recoller persoalmente o premio
- Os traballos non premiados poderán ser retirados polos/as seus/súas autores/as ou persoas autorizadas dispoñendo de 20 días a partir da data de entrega dos premios. Os orixinais non retirados serán destruídos transcorrido o devandito prazo.
- O Centro Galicia en Ponferrada dispoñerá das obras premiadas para a súa publicación na forma e xeito que crea oportuno, por outra parte, aquelas obras que pola súa calidade ou interese poidan ser recomendadas polo xurado publicaríanse logo de permiso dos/as seus/súas autores/as
- A presentación de obras a este concurso supón por parte dos/as autores/as a aceptación das presentes bases
Máis info: centrogaliciaenponferrada.blogspot.com.es

Evento:
Certame literario
Organiza:
Centro Galicia en Ponferrada
Data:
22.04.2016
21.05.2016
Hora:
24,00
Lugar:
Centro Galicia en Ponferrada
Avda. Reyes Católicos, 5-7 - bajo
Ponferrada - 24402León España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





