Inscricións aos cursos e talleres organizados pola FACEEF en París
A Federación de Asociacións e Centros de Emigrantes Españois en Francia (FACEEF), ten aberta a inscrición para os cursos e talleres de vocabulario profesional, busca de emprego e inserción socio-laboral e profesional que organizará na súa sede de París.
Estes talleres e cursos, subvencionados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, están especialmente orientados a instruír sobre o vocabulario específico do mundo socio laboral e profesional. Trataranse temas como as relacións dos usuarios e usuarias coas administracións públicas: servizos de emprego, fiscais, de vivenda, seguridade social, subsidios familiares, formación profesional, etc.
Organización dos cursos:
- Os cursos de vocabulario teñen unha duración de 80 horas, repartidas en 4 semanas. Impártense en dous ciclos diferentes:
- Para debutantes e
- Para iniciados/as - Os Cursos de inserción sociolaboral, teñen unha duración de 30 horas, repartidas nos 5 días dunha mesma semana.
- Os Talleres de busca de emprego, teñen unha duración de 3 horas, un sábado de cada mes
- Confirmarase a dispoñibilidade de praza e despois deberá formalizarse aboando a fianza de 40 €
- Por regra xeral, todos os cursos e talleres teñen o mesmo horario: de 9,30 a 13,00 h., e impártense en:
FACEEF
10, rue Cristino García (93210 La Plaine - Saint Denis)
Metro: Front Populaire (liña 12) - RER B: A Plaine Stade de France (dirección Aeroporto Ch. de Gaulle)
Calendario dos cursos:
- Cursos de Vocabulario Profesional nivel alpha+ (para debutantes)
(ciclo de 80 horas repartidas en 4 semanas de 20 h.)
-Do 11 de xaneiro ao 5 de febreiro 2016
-Do 21 de marzo ao 15 de abril 2016
-Do 30 de maio ao 24 de xuño 2016 - Cursos de Vocabulario Profesional nivel: A1/A2 (debutantes que xa saben ler e escribir en francés elemental)
(ciclo de 80 horas repartidas en 4 semanas de 20 h.)
-Do 15 de febreiro ao 11 de marzo 2016
-Do 25 de abril ao 20 de maio 2016
-Do 4 de xullo ao 29 de xullo 2016 - Cursos de Inserción Socioprofesional
(ciclo de 30 horas repartidas en 1 semana, de luns a venres)
-Do 15 ao 19 de febreiro 2016
-Do 11 ao 15 de abril 2016
-Do 13 ao 17 xuño 2016 - Talleres de Busca de emprego
(ciclos de 3 horas, un sábado cada mes)
-23 de xaneiro 2016
-20 de febreiro 2016
-19 de marzo 2016
-23 de abril 2016
-21 de maio 2016
-18 de xuño 2016 - Talleres de Inserción socio-laboral
(ciclos de 30 horas, repartidos en 1 semana, de luns a venres)
-15 ao 19 de febreiro 2016
-11 ao 15 de abril 2016
-13 ao 17 de xuño 2016
Máis información: no teléfono 01.49.46.35.46, o correo-e nuevaolafaceef@gmail.com e a web faceef.fr
Formulario de inscricións: picar aquí para acceder
Novas relacionadas




