Exposición 'A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración', na Coruña
Do 19 de novembro ao 30 de xaneiro a sede de Afundación na Coruña acolle a exposición A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración, que nos achega a arte realizada por creadores galegos dende fóra de Galicia, en América e Europa, ao longo de boa parte do século XX.
- Horario da exposición:
-De luns a venres de 17,00 a 21,00 h.
-Sábados e festivos de 12,00 a 14,00 h. e de 17,00 a 21,00 h. - A exposición atende a tres núcleos principais: a presenza da emigración na obra de Castelao como tema social e cultural na Galicia de principios do século XX; os artistas exiliados en América tras a Guerra Civil; e as novas xeracións formadas na posguerra que encabezaron unha nova diáspora, esta vez dirixida cara a ao centro do sistema cultural dominante, Madrid
- A Área Educativa de Afundación organiza en torno a esta mostra tres visitas-obradoiro orientadas a escolares de todos os ciclos educativos, e tamén visitas comentadas e obradoiros para grupos e colectivos de todas as idades, adaptadas ás necesidades e inquedanzas dos/as usuarios/as
- Ademais, visitas comentadas de asistencia libre os mércores e venres ás 19,00 h.
- Máis info en www.afundacion.org

Evento:
Exposición
Organiza:
Afundación
Data:
30.01.2016
Hora:
21,00
Lugar:
Sede Afundación A Coruña
Cantón Grande, 8
A Coruña - 15003A Coruña España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





