Exposición "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí", en Curitiba
Do mércores 24 de xuño ao xoves 30 de xullo, na sede do Instituto Cervantes de Curitiba, estará exposta a mostra Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Consello da Cultura Galega e Agadic, e por medio do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI- Filmoteca de Galicia) e a colaboración do Instituto Cervantes da capital paranaense.
Trátase dunha exposición itinerante composta por 51 imaxes en branco e negro do fotógrafo coruñés Alberto Martí que retratan o éxodo galego a América desde os portos da Coruña e Vigo e o retorno destas persoas durante o período que vai desde o 1957 ata o 1963.
- Datas da exposición: do 24 de xuño ao 30 de xullo
- Horario de visita:
-De luns a venres de 9,00 a 19,30 h.
-Sábados de 9,00 a 12,00 h.

Evento:
Exposición
Organiza:
Consello da Cultura Galega
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Instituto Cervantes de Curitiba
Data:
24.06.2015
Lugar:
Instituto Cervantes de Curitiba
Rua Ubaldino do Amaral, 927 - Alto da XV
Curitiba - 80045-150 Paraná Brasil
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





