San Xoán Bautista - Centenario da Asociación de Chantada y su Partido en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
780 lecturas

O domingo 28 de xuño a partir das 13,00 h., na sede da Asociación Tuy-Salceda da capital arxentina, celebrarase o Centenario da Asociación de Chantada y su Partido* en Bos Aires e un xantar en honor a San Xoán Bautista, patrón de Galicia na capital arxentina.

  • Baile e música tradicinal de Galicia coa Agrupación Folklórica Baixo Miño
  • Animación a cargo da orquestra Los Peninsulares
  • Menú: matambre con ensalada rusa, cazola de callos, solombo ao verdeo, sobremesa xeada, café, viños finos e gasosas
  • Reservas nos tlfs. 4931-5800 / 4957-1386 / 4639-4065

* A Asociación Galicia en Buenos Aires incorporouse á Asociación Tuy-Salceda no ano 1987. Fundouse en 1975 coa fusión da Asociación de Chantada y su Partido, o Centro Cultural y Recreativo de Becerreá e a Asociación de Carral. Este ano, cúmprese o Centenario da fundación da Asociación de Chantada y su Partido, creada por emigrantes e descendentes do Partido Xudicial de Chantada da Provincia de Lugo, composto polos concellos de Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín e Taboada. Tivo a súa Sede Social na rúa Alsina 2183 da Cidade Autónoma de Bos Aires.

San Xoán Bautista - Centenario da Asociación de Chantada y su Partido en Bos Aires
Evento: 
Aniversario
Organiza: 
Tuy-Salceda, Asociación Mutua, Cultural y Recreativa
Data: 
28.06.2015
Hora: 
13,00
Lugar:
Asocciación Tuy-Salceda
Maza, 457
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1206
Arxentina