Homenaxe a Castelao da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, no 65º aniversario do seu pasamento

Listen to this page using ReadSpeaker
810 lecturas

O sábado 10 de xaneiro ás 19,00 h., no Salón Arturo Cuadrado da sede da entidade galega en Bos Aires, a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina e o Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA), organizan unha homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co gallo do 65º aniversario do pasamento do político e intelectual rianxeiro.

  • Durante a cerimonia colocarase unha ofrenda floral ante unha imaxe que o recorda, evocarase a súa importante e valiosa actuación política, social e cultural, ao tempo que actuará a Banda de Gaitas "Dúas Beiras.
Homenaxe a Castelao da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, no 65º aniversario do seu pasamento
Evento: 
Homenaxe
Organiza: 
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Data: 
10.01.2015
Hora: 
19,00
Lugar:
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Chacabuco, 955 - (San Telmo)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1069
Arxentina