Concurso de debuxo infantil - Magosto 2014 da Agrupación Hijos de Galicia de Sestao
O sábado 8 de novembro a partir das 18,00 h., na sede da entidade, a Agrupación Hijos de Galicia de Sestao organiza, co gallo da celebración do Magosto, un Concurso de Debuxo Infantil.
- Tema libre
- Facilitaranse os materias necesarios para a participación das e dos cativos (láminas, lapis, pinturas, etc...)
- Dúas categorías:
-1ª categoría: de 10 a 12 anos
-2ª categoría: de 6 a 9 anos - 3 premios por categoría
- O debuxo gañador da 1ª categoría converterase na postal que empregará a Asociación para felicitar as Festas do Nadal
- Todos os debuxos pasarán a ser propiedade da Asociación, reservándose o dereito de publicación, e sempre mencionando á/ao autor/a
- Os debuxos serán expostos na carpa que, co gallo da celebración dos magostos, se instalará na Praza de San Pedro da vila sestaotarra os días 15 e 16 de novembro
- Ao remate do concurso haberá unha chocolatada para todos/as os/as nenos/as participantes

Evento:
Concurso
Organiza:
Agrupación Hijos de Galicia de Sestao
Data:
08.11.2014
Hora:
18,00
Lugar:
Agrupación Hijos de Galicia de Sestao
Villar y Villate, 5 - bajo
Sestao - 48910Bizkaia España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





