Magosto 2014 da Asociación Galega Corredor de Henares
O domingo 9 de novembro a partir das 12,00 h., no cruceiro da sede da entidade galega na cidade complutense, a Asociación Galega Corredor do Henares celebra un Magosto, coa tradicional degustación de castañas, viño da terra, a amenización musical do grupo de gaitas e percusión, ademais do de danza tradicional. Ao remate, a coral interpretará unhas pezas.
Ás 14,30 h., Xantar de fraternidade:
- Menú de adultos:
-Entrantes: sopa de cocido e mexillóns
-Prato principal: cocido galego
-Pan, bebida e sobremesa incluídos
-Prezo: socios/as 11 €; non socios/as 16 € - Menú infantil:
-Prato único: hamburguesa con patacas fritidas
-Pan, bebida e sobremesa incluídos
-Prezo: socios/as 6 €; non socios/as 11 € - Máis info en galiciahenares.wordpress.com

Evento:
Magosto
Organiza:
Asociación Galega Corredor do Henares
Data:
09.11.2014
Hora:
12,00
Lugar:
Asociación Galega Corredor do Henares
Campo Real, 1 - bajo
Alcalá de Henares - 28006Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





