XXII Certame de poesía "Rosalía de Castro" da Casa de Galicia en Córdoba
A Casa de Galicia en Córdoba convoca o XXII Premio de poesía "Rosalía de Castro".
Bases:
- I. Poderán concorrer ao Certame de poesía "Rosalía de Castro" todos os/as poetas/poetisas que non o obtivesen anteriormente, cun só poemario, sempre que este sexa inédito, non estea presentado a outros certames (durante a presente convocatoria), nin fose premiado.
- II. A obra, escrita en lingua castelá, cunha extensión non inferior a 300 versos nin superior a 600, presentarase por cuadruplicado en exemplares separados, mecanografiados por unha soa cara e debidamente grampados, cosidos ou encadernados, sen firma e baixo lema, acompañados dun sobre pechado en cuxo exterior figure o lema do traballo, e en cuxo interior se detallarán: nome, apelidos, dirección, teléfono e correo electrónico do/a autor/a.
- III. O prazo de admisión de orixinais pecharase o día 18 de outubro de 2014.
- IV. Os traballos serán enviados a: Casa de Galicia, Plaza de San Pedro, 1, 14002-Córdoba. Farase constar no sobre "Para o XXII Certame de poesía "Rosalía de Castro". (Durante o mes de agosto, por peche da sede da Casa de Galicia, non se enviarán exemplares).
- V. A dotación do Premio será de 3.000 Euros e 150 exemplares da edición da obra para o primeiro premio.
Haberá un accésit, publicación de libros e 150 exemplares ao/á primeiro/a clasificado/a dos/as nacidos/as ou residentes en Córdoba e provincia, sempre que figure entre os/ás dez finalistas.
O importe do premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente. - VI. O xurado emitirá o seu fallo na segunda quincena do mes de novembro. Se as obras non alcanzasen a calidade necesaria, o premio poderá considerarse deserto, pasando a súa dotación a incrementar o XXIII Certame de poesía "Rosalía de Castro".
- VII. Xulgará o presente concurso un xurado constituído por destacadas personalidades das letras e a poesía. O seu composición darase a coñecer ao emitirse o fallo. Constituirase un xurado de preselección que seleccionará o número de obras que estime pertinente, en todo caso non menor de dez, entre as cales o xurado outorgará o premio.
- VIII. O xurado actuará coa máxima liberdade e discrecionalidade e terá, ademais das facultades normais de discernir o premio e emitir o fallo, outorgándoo ou declarándoo deserto, as de interpretar as bases presentes. O fallo do xurado será inapelable.
- IX. Os/as autores/as galardoados/as serán informados/as da obtención dos premios. Remitirase copia da acta, por correo electrónico, a todos/as os/as concursantes que así o soliciten.
- X. Os traballos non premiados serán destruídos no prazo de dez días dende a data do fallo do certame.
- XI. A Casa de Galicia comprométese a actuar en todo momento con transparencia, limpeza, atención aos concursantes e máxima xustiza.
- XII. O feito de concorrer ao certame implica a total aceptación das bases.
Información:
- Páxina web: www.galiciaencordoba.org
- Correo-e: administracion@galiciaencordoba.org

Evento:
Certame literario
Organiza:
Casa de Galicia en Córdoba
Data:
18.10.2014
Hora:
24,00
Lugar:
Casa de Galicia en Córdoba
Praza de San Pedro, 1
Córdoba - 14002Córdoba España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:




