Presentación de "Schimbare", en Montreal
O venres 29 de agosto ás 16,00 h., na sede do Centro Gallego de Montreal, preséntase o filme Schimbare, dirixido polo realizador lalinense Alex Sampayo e protagonizado por Candela Peña e Luis Zahera. A entrada é de balde e contarase coa presenza do director do filme.
Esta longametraxe galega está a participar no 'Festival des Films du Monde de Montréal' e poderá visionarse no Cinema Quartier Latin (350 Rue Émery - H2X 1J1 Montréal, QC) nas seguintes datas e horarios:
- Xoves, 28 de agosto, ás 21,40 h.
- Sábado, 30 de agosto, ás 12,10 h.
- Luns, 1 de setembro, ás 15,50 h.

Evento:
Proxección
Organiza:
Centro Gallego de Montreal
Data:
29.08.2014
Hora:
16,00
Lugar:
Centro Gallego de Montreal
4602 Boulevard Saint Laurent
Montréal - H2T 1R3Quebec Canadá
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





