IIª Mostra de Talentos, do Centro Social de Maiores da Casa de Espanha de Río de Xaneiro

Listen to this page using ReadSpeaker
970 lecturas

O mércores 8 e o xoves 9 de outubro de 10,00 a 17,00 h., na sede da entidade galega na capital carioca, o Centro Social de Maiores da Casa de Espanha de Río de Xaneiro organiza a IIª Mostra de Talentos, un proxecto onde as/os participantes poden realizar representacións de música, danza, teatro, fotografía, literatura, audiovisual, tecnoloxía, artes plásticas e outras linguaxes afíns.

  • Dirixido a persoas maiores de 55 anos
    -A participación pode ser individual ou en grupo e con ou sen intrutores/as ou acompañantes
  • A inscrición realizarase durante o mes de setembro e na última semana do mesmo realizarase unha reunión de coordinación cos/coas seleccionados/as para elaborar o cronograma de presentacións
  • Cada presentación non debe superar os 25 minutos
  • A participación e a entrada son de balde
  • Máis info:
    -No correo-e: csm@casadeespanha.com.br
    -No tlf. 55 (21) 2536-3150 R: 216 (Vera Lúcia dos Santos - Asistente Social)
    -No facebook
IIª Mostra de Talentos, do Centro Social de Maiores da Casa de Espanha de Río de Xaneiro
Evento: 
Representación
Organiza: 
Peña Galega da Casa de España
Data: 
08.10.2014 a 09.10.2014
Hora: 
10,00
Lugar:
Casa de Espanha de Río de Xaneiro
Maria Eugênia, 300 - Humaitá
Río de Xaneiro - 22261-080Rio de Janeiro
Brasil