Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 "Literatura galega: identidade, alteridade e exilio"
Do xoves 18 ao sábado 20 de setembro celébranse en Madrid as Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 "Literatura galega: identidade, alteridade e exilio", organizadas polo Centro de Estudos Galegos da Universidad Complutense de Madrid e a Facultad de Filología da Universidad Nacional de Educación a Distancia.
Obxectivos:
- Facer unha posta en común das liñas de investigación que se están a desenvolver nos Centros Galegos das universidades do mundo e noutras institucións, nomeadamente no ámbito da literatura galega fóra de Galicia e do estudo da identidade, a alteridade e o exilio.
- Favorecer o contacto entre profesores/as, investigadores/as e estudantado interesados no coñecemento e no estudo da literatura galega, así como fomentar o intercambio científico os/as relatores/as e asistentes
- Abrir e estimular o diálogo entre as distintas xeracións pertencentes á colectividade galega
Destinatarios/as:
- Profesores/as, investigadores/as e estudantes, Departamentos de Romanística, Centros Galegos en España, Portugal, Hispanoamérica e no resto do mundo, Escolas Oficiais de Idiomas e outras institucións interesadas no estudo da lingua, da literatura e da cultura galega
Ámbitos temáticos e liñas de estudo:
- Literatura galega no exterior
- Literatura galega e outras literaturas
- Novas investigacións no ámbito da literatura galega: do medieval ao moderno
- Literaturas peninsulares comparadas
- Literatura galega, arte e cine
- Literatura galega e identidade(s)
Sedes:
- Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED)
R/ Senda del Rey, 7. Facultade de Filoloxía - Universidad Complutense de Madrid (UCM)
Campus da Moncloa, Cidade Universitaria. Praza Menéndez Pelayo s/n.
Facultade de Filoloxía e Filosofía (Edificio A)
Salón de Graos / Aulas 12, 331 e 333
Valoración en horas de formación: 2 créditos libre elección (licenciatura) | 1,5 créditos optativos (grao)
Máis info: na web http://cegmadrid.wix.com/simposioucm-uned2014

Evento:
Xornadas
Organiza:
Universidad Complutense de Madrid (UCM)-Centro de Estudos Galegos & Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED)-Facultad de Filología
Data:
18.09.2014 a 20.09.2014
Lugar:
Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) - Facultad de Filología
Senda del Rey, 7
Madrid - 28040Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





