XXX Xornadas de Cultura Galega - "España, unidade e diversidade sincrónica" organizadas por Grugalma, en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
763 lecturas

O martes 27 e o mércores 28 de maio ás 19,30 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, o Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma) organiza as XXX Xornadas de Cultura Galega - "España, unidade e diversidade sincrónica".

  • Martes 27 de maio - 19,30 h.
    -Conferencia de Luis Agustín García Moreno, catedrático da Universidade de Alcalá de Henares (UAH), membro da Real Academia de la Historia e Premio de Investigación do Consello Social á UAH: Gotia e España en 711
    -Conferencia de Manuel Mourelle de Lema, profesor emérito da Universidade Complutense de Madrid, membro da Real Academia de la Historia, Premio Conde de Cartagena da Real Academia Española e presidente do Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma): Uniformidade na arabización do al-Andalus
  • Mércores 28 de maio - 19,30 h.
    -Conferencia de José María Blázquez, ex catedrático da Universidade Complutense de Madrid, membro da Real Academia da Historia e membro do Colexio Libre de Eméritos Universitarios: Unidade histórica de Hispania na época romana
    -Conferencia de Manuel Mourelle de Lema, profesor emérito da Universidade Complutense de Madrid, membro C. da Real Academia da Historia, Premio Conde de Cartagena da Real Academia Española e presidente do Grupo Cultural Galicia en Madrid (GRUGALMA): A evolución da Marca Hispánica
XXX Xornadas de Cultura Galega - "España, unidade e diversidade sincrónica" organizadas por Grugalma, en Madrid
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma)
Data: 
27.05.2014 a 28.05.2014
Hora: 
19,30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España