Acto institucional do Día das Letras Galegas 2014 no Concello de Barcelona
O sábado 17 de maio ás 19,00 h. do serán, no Saló de Cent do Concello de Barcelona, o Concello de Barcelona e a Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya (FEGALCAT) celebran o Día das Letras Galegas cun acto institucional.
- No decurso do acto, o tradutor e crítico literario Basilio Losada Castro, a profesora e escritora Helena Villar Janeiro e o profesor e escritor Xesús Rábade Paredes pronunciarán a conferencia Tres miradas sobre Díaz Castro
- Coincidindo cos actos do Tricentenario en Barcelona, o seu comisario, Toni Soler, fará unha glosa do xeneral Antonio de Villarroel, fillo de galegos/as e militar que dirixiu a defensa da cidade de Barcelona no asedio de 1713-1714
É preciso confirmar a asistencia no enderezo de correo-e protocolbcn@bcn.cat ou no teléfono 93 402 73 54

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
L´Ajuntament de Barcelona & Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya
Data:
17.05.2014
Hora:
19,00
Lugar:
L´Ajuntament de Barcelona - Saló de Cent
Pr.aza de Sant Jaume, 1
Barcelona - 08002Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





