Día das Letras Galegas 2014 en Hamburgo

Listen to this page using ReadSpeaker
601 lecturas

O sábado 17 de maio a partir das 16,00 h., na sede da entidade galega na cidade hanseática, a Asociación Cultural Galega de Hamburgo e.V. celebra o Día das Letras Galegas, no que nesta edición de 2014 a Real Academia Galega acordou homenaxear ao poeta e tradutor guitiricense Xosé María Díaz Castro.

Ademais, José Antonio Sánchez Zaragoza presentará a súa novela Los Códices de Cesarea e poderase degustar a tradicional torta de Santiago.

Día das Letras Galegas 2014 en Hamburgo
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Asociación Cultural Galega de Hamburgo e.V.
Data: 
17.05.2014
Hora: 
16,00
Lugar:
Asociación Cultural Galega de Hamburgo e.V.
Boschstraße, 15 - 1º
Hamburgo - 22761Hamburg
Alemaña