Sábado de Piñata do Centro Galicia en Ponferrada
O sábado 8 de marzo a partir das 21,00 h., no Hotel Novo da capital do Bierzo, o Centro Galicia en Ponferrada celebra o Sábado de Piñata cunha cea e posterior baile. Á chegada ao Hotel as e os asistentes serán recibidos pola Banda de Gaitas da entidade.
- Haberá concursos de disfraces, con premios para as categorías infantil e persoas adultas
- Menú:
-Entremeses, chocos, roliños, saquiños de verduras, lagostinos ao forno, cordeiro ao forno, torta da casa ou xeado de café e café
-Viños D.O., copa de cava e licores
-Queimada - Prezo:
-Persoas asociadas: 23 €
-Persoas non asociadas: 30 €
-Menú infantil: 10 € - Retirada de invitacións: na sede da entidade ata o 27 de febreiro no horario habitual (xoves e venres de 11,00 a 13,00 h.)
- Desprazamento: habilitarase un autocar que sairá dende o Centro para o Hotel Novo ás 20,45 h. e regresará ao rematar o baile

Evento:
Entroido
Organiza:
Centro Galicia en Ponferrada
Data:
08.03.2014
Hora:
21,00
Lugar:
Hotel Novo
Estrada N-VI, Km. 386
Ponferrada - 24400León España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





